Lembras esa lenda urbana que se contaba nas excursións da escola para meter medo? Pois é o punto de partida para este Love Letter, unha aventura gráfica con estética Game Boy na que temos que entrar nunha escola…de noite…a evitar que o espírito dunha antiga estudante siga asasinando rapaces. Un paseo, vaia.
Un xogo curtiño, pero ben coidado, no que hai dende mecánica de sixilo ata minixogo para os créditos (aos que só se pode chegar a través de un dos tres finais dispoñibles na aventura).
Detalles
Características
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Dar o consentimento para estas tecnoloxías permitirá que procesemos datos como o comportamento de navegación ou identidades únicas neste sitio. Non dar o consentimento ou retiralo pode afectar negativamente certas características e funcións.