Super Woden GP 2 é a terceira entrega da franquía de xogos de carreiras desenvolvidos polo galego Victor Justo, coñecido como ViJuDa. Nesta edición atopamos un xogo en 2.5D, cun apartado visual moi atractivo e unha xogabilidade que, aínda que pode custar un pouco ao comezo, resulta adictiva.
Un xogo perfecto para os amantes do retro e do automobilismo, xa que conta con homenaxes a coñecidos coches e circuitos, así como a xogos clásicos do xénero. Como gran novidade desta entrega, ás contrarreloxo e competicións, súmase un modo arcade que fará as delicias dos xogadores máis competitivos.
Detalles
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Dar o consentimento para estas tecnoloxías permitirá que procesemos datos como o comportamento de navegación ou identidades únicas neste sitio. Non dar o consentimento ou retiralo pode afectar negativamente certas características e funcións.