Yuppie Psycho

Desenvolvido por Baroque Decay
burbuja-de-dialogo

Aventura gráfica

fantasma-02

Terror

Análise

Xogo desenvolto por Baroque Decay que nos pon na pel de Brian Pasternak, un rapaz do rural que recibe unha misteriosa carta dunha oferta de traballo. Trátase da descomunal Sintracorp, no que descubrirá unha rede de situacións escuras e perturbadoras e no que nada é o que semella. A súa misión será acabar coa meiga que está detrás de todo o funcionamento da empresa.

Aventura gráfica con ambientación de terror e con pequenos toques de crebacabezas e infiltración, cun abano de personaxes e situacións que nos deixarán entre o medo e escachar a rir, especialmente con personaxes como o Trasgo ou Sosa, a nosa compañeira de sala.

O concepto visual non se queda nun pixelart plano senón que se completa cun forte énfasis na iluminación dos recintos, nos que en moitos casos teremos que tirar de lanternas ou outros obxectos para poder percorrer as salas deste edificio. O apartado sonoro contribuirá a poñer o toque de misterio e terror.

Un xogo que ronda as 10 horas, que aproveita para falar do clasismo e da relación malsana co traballo e o entorno laboral.

Trailer

Galería de imaxes

No Recuncho

Detalles

Desenvolve
Baroque Decay
Data de lanzamento
25/04/2019
Plataformas
MacOs, Nintendo Switch, Playstation 4, Playstation 5, Steam, Windows, Xbox One, Xbox Series
Idioma(s)
Galego, Castelán, Inglés, Francés, Portugués, Alemán, Italiano, Xaponés, Chinés, Ruso
Idade (PEGI)
18+
Xogador(es)
1
Xogo físico
Comercial

Atópao aquí

O xogo en redes