Espertas coas mans e pés atados a unha cadeira de oficina no medio dunha sala baleira. Un dispositivo misterioso cun temporizador de 10 minutos está atado a ti. Explora os andares do edificio de oficinas, procura non envorcar e acha un modo de escapar!
Xogo en primeira persoa cun control "incómodo" que funciona como un pequeno crebacabezas no que ir facéndoo mellor.
Localización e achega de Alex "alesuot".
Detalles
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Dar o consentimento para estas tecnoloxías permitirá que procesemos datos como o comportamento de navegación ou identidades únicas neste sitio. Non dar o consentimento ou retiralo pode afectar negativamente certas características e funcións.