Sobre Xogalego

Que é Xogalego?

Xogalego é o catálogo de videoxogos en galego que nace para axudar a localizar os videoxogos saídos en lingua galega. Trátase de un catálogo aberto pensado para superar as dificultades que nos ofrecen as distintas tendas e plataformas dixitais de videoxogos á hora de intentar xogar no noso idioma.

Xogalego busca ademais tender pontes entre a sociedade xogadora galega e os estudios que crean ou traducen os videoxogos ao galego. Tamén recoñecer as traducións feitas por afeccionados de videoxogos dos anos 80, 90 e 2000.

Xogalego é unha iniciativa de Recuncho Gamer que chega coa axuda de Deputación da Coruña na súa convocatoria de Proxectos Singulares

Comunidade

Un punto de encontro para a comunidade gaming galega

Por que é necesario Xogalego?

Xogalego nace polas dificultades actuais para atopar xogos na nosa lingua en páxinas como Steam ou nas tendas de Sony, Nintendo ou Microsoft.

Buscamos que Xogalego funcione tamén como un punto no que poñer en valor os estudios e persoas que crean videoxogos en galego e presentarllelo a un público interesado por xogar en galego.

Quéresnos axudar? Envía un xogo aquí.

Catálogo

Centos de xogos ordenados e categorizados para a busca

Os nosos obxectivos

Máis ca un catálogo

Ademáis desta listaxe, Xogalego procurará expandirse con visitas a centros educativos e outras actividades relacionadas con achegar videoxogos en galego á sociedade galega ao mesmo tempo que ir derrubando prexuízos sobre este medio aínda presentes nalgúns espazos da sociedade.