A Clave da Árbore é unha aventura interactiva ambientada no máxico "País dos Musicotrasnos". Nesta entrega, dirixida a un público de menor idade, os xogadores acompañarán un grupo de nenos e nenas na súa misión para salvar a Gran Árbore da Harmonía, fonte de vida e música da vila de Oseira. A través de desafíos rítmicos, exploración e actividades musicais, os xogadores aprenderán sobre diferentes tipos de instrumentos, ritmos e a importancia da música na cultura tradicional galega.
O xogo mistura pequenos crebacabezas que apelan a coñecementos musicais baixo un estilo que lembra aos xogos de rol de Super Nintendo. Xogo realizado co RPG Maker, parte do apartado visual do xogo está confeccionado por intelixencia artificial xenerativa.
Detalles
Características
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Dar o consentimento para estas tecnoloxías permitirá que procesemos datos como o comportamento de navegación ou identidades únicas neste sitio. Non dar o consentimento ou retiralo pode afectar negativamente certas características e funcións.