A Fume de carozo

Desenvolvido por Michiños Fofiños
espadas

Acción - Aventura

palanca-de-mando (1)

Arcade

Análise

Se hai unha profesión de risco, esa é a hostalaría. E se non que llo conten ás protagonistas de A Fume de carozo. Unha aventura de Michiños Fofiños na que a propietaria dun restaurante e a súa moza teñen que sobrevivir non só á cota de autónomos, senón tamén a unha morea de pantasmas que habitan o local.

Cun estilo píxel-art cheo de cor, este xogo xunta o mellor dos shooter en dúas dimensións, cun xogo deses de cociñar e entregar pedidos. Cantas máis pantasmas elimines, máis ingredientes para os teus pratos (non sabemos qué dirá sanidade disto). Como extra trae unhas cantas receitas para que repliques na túa casa, xa sen interrupcións paranormais.

Galería de imaxes

Detalles

Desenvolve
Michiños Fofiños
Data de lanzamento
17/01/2024
Plataformas
Itchio, Windows
Idioma(s)
Galego
Idade (PEGI)
7+
Xogador(es)
1
Gratuíto

Atópao aquí

O xogo en redes