Atrapado no santuario de Santo Andrés de Teixido, espertas envolto no transcurso dun rito profano e un culto ancestral. Explora, resolve crebacabezas e escapa antes de ser parte do ritual.
Experiencia de terror breve e intensa cun apartado sonoro que axudará a crear esa sensación de incomodidade que tamén acompaña o estilo visual particular en blanco e negro e con sombreado especial. É a nosa "wild card" do catálogo, e dicímolo en inglés porque, efectivamente os textos do xogo só están en inglés, pero é que as voces só están en galego, e pouquiños xogos temos aquí con dobraxe na nosa lingua.
Detalles
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Dar o consentimento para estas tecnoloxías permitirá que procesemos datos como o comportamento de navegación ou identidades únicas neste sitio. Non dar o consentimento ou retiralo pode afectar negativamente certas características e funcións.