Cunha premisa e unha estética aparentemente sinxelas, Xan Chuchamel pode “chuchar” as túas neuronas máis do que agardabas! Un xogo de crebacabezas no que o protagonista ten que conseguir moedas e orbes para ir desbloqueando ata un total de 50 niveis de dificultade ascendente.
Ao principio, Xan só pode absorber bloques e movelos de sitio, para acadar diversas plataformas. Máis adiante iremos engadindo outros poderes para ir complicando máis os desafíos,. Incluso as máis competitivas podemos “picarnos” para atopar tódolos segredos agochados (que non son poucos) e acadar a máxima puntuación e a ansiada Copa con Cornos. Un xogo colorido e adictivo, cun moi bo deseño de niveis.
Detalles
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Dar o consentimento para estas tecnoloxías permitirá que procesemos datos como o comportamento de navegación ou identidades únicas neste sitio. Non dar o consentimento ou retiralo pode afectar negativamente certas características e funcións.