Este xaneiro deixounos 3 lanzamentos de videoxogos en galego e unha demo. Falamos do Super Woden Rally Edge, After Juice: Animal Disco Mafia, Crazy Manager e o Kuentame. Tes un repaso audiovisual no vídeo ao final do artigo e a continuación contamosvos algo máis deles e dalgúns dos novos xogos subidos a Xogalego.

Comezamos co Super Woden Rally Edge, evolución da saga Woden na parte gráfica cun xesto tan simple como baixar a cámara que fai que a sensación de manexo e control mellore aínda máis. Como sempre, o mimo polo detalle dos distintos vehículos que aparecen no xogo nótase desde o minuto 1. O sistema de progresión do modo carreira simplifícase (para ben) e fai que sexa máis rápido e doado saber que vehículos precisamos para afrontar a seguinte carreira e, á súa vez, dá máis opcións de progreso, neste modo temos campeonatos en distintas rexións e pequenas probas de un contra un e gymkanas. Un Spin-off que deixa unha semente interesante de por onde pode ir a saga no futuro.

Seguimos cun xogo en acceso anticipado, o After Juice: Animal Disco Mafia; Aventura gráfica salpicada por minixogos e unhas personaxes ben definidas nun entorno 3D na que encarnamos a Tofu, o hámster, que participa nunha trama na noite de Furrol para descubrir que pasou co seu colega mentres sortea festa, misterio e moito chiste malo.

Crazy Manager é a proposta de Ramila, no que temos que manter o orde nun supermercado se nos deixa o lixo e a clientela. Un caótico simulador con mecánicas arcade e directas que conta coa posibilidade de montar partidas multixogador en liña.
Por último temos un avance de Kuéntame de ApeHardware, que chegará ao longo deste 2026 en Steam e do que de momento podemos probar unha demo.
Ademais, incluímos novas fichas de xogos este xaneiro en Xogalego. Para comezar, xogos da II Game Jam da Fundación Carlos Casares: “Desde o galego con humor”.
- De Esmorga
- De como un polbo chega a ser xigante
- Memorias feitas polbo
- Udra
- Lusdeghás
- Eiquí sempre anoitece
- Un polbo xigante: lembranzas desde o tren
- Encefalópodo
- Augardentía
Do resto de novas fichas engadidas temos xogos ben riquiños que tiran de humor e plataformaeo e varias propostas para móbiles que chegan de Axóuxere Games e Melgo Cinema.
- mrCastelao
- Koa and the Five Pirates of Mara
- Xan Chuchamel
- Kity Builder
- Rope Cow
- Planetary Shield
- Shuriken Training HD
- Trap Ball Pool Edition
- Colours
- Ti Primeiro
Podes ver neste vídeo un repaso audiovisual por todos eles:


